Skip to content

pabloboo/Galegando21

Galegando21

Aplicación móbil para fomentar o uso do galego a través de minixogos lúdicos

Logo de Galegando21

Descrición do Proxecto

Galegando21 é unha aplicación móbil deseñada para promover o uso da lingua galega de forma lúdica e interactiva. A aplicación inclúe 21 minixogos educativos que axudan aos usuarios a aprender vocabulario, cultura e expresións en galego, mentres se divirten. A aplicación está pensada para usuarios de todas as idades, especialmente para os máis novos, co obxectivo de crear un hábito de uso do galego no seu día a día.

A aplicación está desenvolvida en Kotlin e utiliza técnicas de recuperación de información para obter datos para os xogos.

Tecnoloxías Utilizadas

  • Linguaxe de programación: Kotlin
  • Ferramentas de desenvolvemento: Android Studio, Figma (para o deseño de mockups)
  • Tecnoloxías de backend: Flask (para a API), Supabase (para o almacenamento en nube)
  • Técnicas de recuperación de información: Scrapy, Selenium (para o scraping de datos)
  • Xestión de datos: SharedPreferences (para o almacenamento local)

Estrutura do Proxecto

O proxecto está organizado en varios módulos e paquetes principais:

  • Minixogos: Cada minixogo ten o seu propio paquete (dayXX) coa lóxica e interface de usuario correspondente.
  • Menú: Contén as pantallas e lóxica do menú principal, incluíndo estadísticas, tenda e axustes.
  • Modelo: Define as estruturas de datos e entidades utilizadas na aplicación.
  • Onboarding: Xestiona o proceso de introdución para novos usuarios.
  • Utils: Inclúe utilidades e compoñentes reutilizables.

Ademais, o proxecto inclúe unha API implementada en Flask e despregada en PythonAnywhere, que proporciona funcionalidades adicionais como a obtención de desafíos personalizados, eventos culturais e feedback para os usuarios e unha base de datos en Supabase para permitir ao usuario gardar ou obter os seus datos de xogo.

Instalación e Uso

Requisitos previos

  • Android Studio (recoméndase a última versión).
  • Dispositivo Android ou emulador.
  • Python 3.x (para a execución dos scrapers).

Instalación

  1. Clona o repositorio:
    git clone https://github.com/pabloboo/Galegando21.git
  2. Abre o proxecto en Android Studio.
  3. Configura o teu dispositivo ou emulador Android.
  4. Compila e executa a aplicación.

Execución dos Scrapers

Para obter os datos necesarios para os minixogos, podes executar os scrapers incluídos no proxecto. Segue as instrucións detalladas no ficheiro Execución dos Scrapers. Este paso non é necesario para a execución da aplicación xa que os datos están persistidos no directorio app/src/main/assets.

Como Contribuír

Se queres contribuír a este proxecto, por favor, consulta o ficheiro CONTRIBUTING.md para obter instrucións detalladas sobre como facelo. Agradezco calquera contribución, desde correccións de erros ata novas funcionalidades.

Estado do Proxecto

Galegando21 está actualmente en produción e dispoñible na Play Store. A aplicación é estable e recibe actualizacións regulares para mellorar a experiencia do usuario e engadir novas funcionalidades.

Documentación Adicional

Licenza

Este proxecto está baixo a licenza GPL-3.0. Podes consultar o arquivo LICENSE para máis detalles.


Galegando21 é un proxecto aberto e colaborativo. Se tes calquera pregunta ou suxestión, non dubides en contactar comigo ([email protected]) ou abrir unha incidencia no repositorio.

About

Aplicación móvil para fomentar o uso do galego

Resources

License

Code of conduct

Contributing

Security policy

Stars

Watchers

Forks

Packages

No packages published